Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2020 Páx. 2096

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 18 de decembro de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a desistencia referente a un expediente de compatibilidade, ante a imposibilidade de notificación no domicilio.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal da desistencia referente a un expediente de compatibilidade a través do servizo de Correos, esta non se puido practicar, e procede a súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Polo tanto, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, a desistencia referente á súa solicitude de compatibilidade.

A persoa interesada pode recoller a desistencia mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1, 3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer a persoa interesada recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, ou directamente, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición en que teña o seu enderezo ou no de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os casos a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a persoa interesada compareza.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2019

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Expediente de compatibilidade.

DNI: 32818434X.

Acto de notificación: desistencia.