Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2020 Páx. 2108

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 19 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador 2019035AL-LU, por infraccións en materia sanitaria.

O día 22 de novembro de 2019, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou resolución do expediente sancionador 2019035AL-LU, incoado á persoa titular do DNI 33796673J.

Intentouse notificar a resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, se notifica á persoa interesada o contido da citada resolución.

En caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá efectuarse en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. Os prazos serán os seguintes:

1. As sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

2. As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A resolución non pon fin á vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Ten dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 19 de decembro de 2019

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 2019035AL-LU.

DNI da persoa interesada: 33796673J.

Último enderezo coñecido: rúa do Xenebro, 8, 27003 Lugo.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia de seguridade alimentaria.

Artigos infrinxidos: artigo 6.1) do Real decreto 126/2015, do 27 de febreiro, polo que se aproba a norma xeral relativa á información alimentaria dos alimentos que se presenten sen envasar para a venda ao consumidor final e ás colectividades, dos envasados nos lugares de venda a petición do comprador e dos envasados polos titulares do comercio polo miúdo (BOE núm. 54, do 4 de marzo; rect. BOE núm. 87, do 11 abril de 2015).

Tipificación: leve.

Sanción imposta: douscentos euros (200,00 €).