Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2020 Páx. 1953

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Amaro

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións culturais e educativas en San Amaro, no lugar de Ventoselo, parroquia de Beariz (San Martiño).

Aprobado inicialmente, por acordo do Pleno da corporación do 21 de outubro de 2019, o proxecto de Plan especial de infraestruturas e dotacións culturais e educativas en San Amaro, no lugar de Ventoselo, parroquia de Beariz (San Martiño) neste termo municipal.

De conformidade co disposto no artigo 75 da Lei 2/2016, do 2 de febreiro, do solo de Galicia, e 186 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, sométese a información pública polo prazo de dous meses mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia.

Durante o mencionado prazo, que empezará a contarse desde a publicación deste anuncio no DOG, o expediente tramitado poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen, de ser o caso, as alegacións que se consideren pertinentes.

Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

San Amaro, 3 de xaneiro de 2020

Rubén Gómez González
Alcalde presidente