Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2020 Páx. 1860

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia debe facer pública no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Primeiro. Darlle publicidade á relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia Turismo de Galicia nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2019 e que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Segundo. Así mesmo, e para os efectos de completar a Resolución do 11 de setembro de 2019 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este organismo no segundo cuadrimestre do ano 2019 (DOG núm. 178, do 19 de setembro), dáse publicidade aos convenios de colaboración pendentes de publicar subscritos no segundo cuadrimestre do 2019 pola Axencia Turismo de Galicia e que se incorporan como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2020

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO I

Convenio

Data de sinatura

Importe €

2019

2020

2021

2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Cortegada para a rehabilitación da edificación Baños de Cortegada

7.11.2019

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación de Antigos Alumnos do CSHG

9.10.2019

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Diocese de Astorga para posibilitar a apertura de igrexas dentro do programa Camiño Solidario

9.10.2019

3.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Diocese de Lugo para posibilitar a apertura de igrexas dentro do programa Camiño Solidario

11.10.2019

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Diocese de Ourense para posibilitar a apertura de igrexas dentro do programa Camiño Solidario

28.10.2019

11.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Arcebispado de Santiago de Compostela para posibilitar a apertura de igrexas dentro do programa Camiño Solidario

11.10.2019

14.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Diocese de Tui-Vigo para posibilitar a apertura de igrexas dentro do programa Camiño Solidario

11.10.2019

7.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Marín para a creación e o acondicionamento de parques infantís no lago de Castiñeiras

3.9.2019

74.766,18 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e Aspanaes para a cesión de uso do edificio do cámping situado no parque do Monte do Gozo

13.12.2019

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Xunqueira de Espadanedo para o proxecto de mellora de acceso ao mosteiro de Santa María

6.9.2019

35.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Europea dos Camiños de Santiago para o proxecto de ampliación do albergue de peregrinos Virxe Peregrina de Pontevedra

3.9.2019

150.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Begonte para obras de acondicionamento do Belén electrónico de Begonte (Lugo)

6.9.2019

29.648,61 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Mos para a realización de determinadas actuacións de mellora paisaxística no concello

14.10.2019

39.952,48 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Mos para a realización de determinadas actuacións de mellora paisaxística no concello

11.11.2019

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Mondoñedo para a rehabilitación da capela de San Lázaro

6.9.2019

29.040,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Mondoñedo para a rehabilitación da capela de San Lázaro

7.10.2019

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG) para a organización dun evento para o recoñecemento social do sector do turismo: premios Turismo de Galicia

12.9.2019

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Valga para o acondicionamento do Centro de Interpretación da Caña como centro para a realización de obradoiros e cursos formativos na elaboración de licores

6.9.2019

17.733,76 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación da Ruta do Viño Rías Baixas, Asociación da Ruta do Viño Valdeorras, Asociación da Ruta do Viño do Ribeiro, Asociación da Ruta do Viño da Ribeira Sacra e a Asociación da Ruta do Viño Monterrei, para o deseño e desenvolvemento dunha plataforma de comercialización de experiencias enogastronómicas para as denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia

25.11.2019

17.998,75 €

10.224,50 €

Addenda ao convenio de colaboración plurianual entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación CMAT (Costa da Morte Asociación de Turismo) para a realización de actividades de valorización dos recursos turísticos no Xeodestino Costa da Morte

19.9.2019

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Deputación Provincial de Ourense para a organización da 24ª edición do Ourense Film Festival (OUFF)

17.10.2019

70.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Castro de Rei para a mellora da accesibilidade ao Vía Crucis de Santa Locaia e ao monumento do Sagrado Corazón

4.10.2019

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Lobeira para a creación do miradoiro turístico A Baixa Limia

3.10.2019

48.363,70 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Cualedro para a creación dunha aula arqueolóxica

3.10.2019

46.955,99 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Boborás para a escavación e consolidación do castro de Cameixa

8.10.2019

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Ribadavia para o proxecto de embelecemento do núcleo rural de Sanín

30.9.2019

79.999,98 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello do Pereiro de Aguiar para a sinalización turística dos recursos turísticos do concello

14.10.2019

22.747,15 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Arteixo para a mellora de infraestruturas turísticas e posta en valor dos sendeiros da Fraga do Río Sisalde

14.10.2019

26.861,59 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Baralla para a construción da fase 2 do aparcadoiro de autocaravanas na área fluvial de Baralla

14.10.2019

33.442,77 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Frades para a recuperación de elementos etnográficos e sinalización turística do concello

14.10.2019

31.457,24 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Xove para o proxecto de Plan de sinalización dos recursos turísticos do concello

14.10.2019

7.579,27 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Trazo para a mellora da accesibilidade ás Ínsuas e á área fluvial e forestal do Chaián, no río Tambre, no concello de Trazo

15.10.2019

30.920,51 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Coirós para a creación da ruta de sendeirismo e cicloturismo: Espenuca-Pena Furada

17.10.2019

25.797,20 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello do Corgo para a sinalización de recursos turísticos no concello

21.10.2019

20.677,09 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Ribeira para a ampliación do Parque de Aventura Ecosaudable no parque periurbano de San Roque

14.10.2019

31.245,84 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Mancomunidade Terras do Avia para a rehabilitación e posta en valor turístico de contornas naturais mediante a creación da rede de circuítos Workout O Ribeiro-O Carballiño

17.10.2019

26.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Lalín para a reposición da cuberta e construción dun aseo no Museo Principal Ramón María Aller

15.10.2019

79.842,82 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Padrenda para a mellora do acceso ao miradoiro do Alto do Lodairo

14.10.2019

47.997,25 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Beariz para a rehabilitación da Botica de Doade

21.10.2019

56.156,10 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Salvaterra de Miño para a adquisición e instalación de pantallas dixitais para a promoción turística do concello

14.10.2019

48.276,58 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Bispado de Lugo para o proxecto de restauración da Igrexa de San Salvador de Toldaos

11.10.2019

42.822,62 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Cenlle para a recuperación ambiental e posta en valor para uso público da marxe dereita do encoro de Castrelo

4.10.2019

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello do Pino para a instalación dunha illa de contedores subterráneos na avenida da Igrexa

18.10.2019

30.595,90 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Centro de Estudos e Investigacións Turísticas (Cetur) da USC para a realización do Plan de dinamización turística do Courel

22.10.2019

28.433,92 €

Convenio entre a Axencia Turismo de Galicia e Benvido Albergues, S.L. para a realización do proxecto de parque infantil do Monte do Gozo

18.10.2019

88.887,05 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Galicia Sustentable para o desenvolvemento dun sistema de seguimento de obxectivos e contribución ao desenvolvemento sustentable do territorio

18.10.2019

38.700,00 €

ANEXO II

Convenio

Data de sinatura

Importe €

2019

2020

2021

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, a Axencia Turismo de Galicia, o Instituto Galego de Promoción Económica e a Fundación Juana de Vega para a elaboración da estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia

1.8.2019

70.404,14 €

108.727,46 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia, o Concello de Lugo e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración das festas do San Froilán

30.8.2019

30.000,00 €