Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2020 Páx. 1905

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, anunciada pola Resolución do 18 de outubro de 2019.

Mediante a Resolución do 18 de outubro de 2019 publicada no Diario Oficial de Galicia número 218, do 15 de novembro, e mais no Boletín Oficial del Estado número 275, da mesma data, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo no Instituto de Medicina Legal de Galicia.

De conformidade co establecido nos artigos 56 e seguintes do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, así como no Decreto da Xunta de Galicia 119/2005, do 6 de maio, polo que se crea o Instituto de Medicina Legal de Galicia, a Dirección Xeral de Xustiza

DISPÓN:

Primeiro. Resolver, segundo se detalla no anexo, a convocatoria pública efectuada por Resolución desta dirección xeral do 18 de outubro de 2019.

Segundo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de localidade do funcionario, e de oito días se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Terceiro. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; ou poderana impugnar directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2019

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Posto adxudicado

Adxudicataria

Nome do posto: secretario/a de dirección.

Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia. Dirección.

Localidade: Santiago de Compostela.

Código do posto: XG9251810015770701.05.

Corpo: tramitación.

Forma de provisión: libre designación.

María del Pilar Mata Barcia