Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesados), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente que poderá impoñer a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Lugo, 9 de decembro de 2019
Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente |
Parte contraria notificada |
Resolución notificada |
PR204A2019/3941-2 |
Shaila Juliet Pérez López |
Resolución aprobatoria do dereito |
PR204A2019/4130-2 |
Amador Ben López |
Resolución aprobatoria do dereito |
PR204A2019/4142-2 |
Susana Díaz Cadahía |
Resolución aprobatoria do dereito |
PR204A2019/4146-2 |
Borja José Porto Pérez |
Resolución denegatoria do dereito |
PR204A2019/4170-2 |
M. Antonio Campello Rodríguez |
Resolución aprobatoria do dereito |
PR204A2019/4306-2 |
Judith Vallina Guitián |
Resolución aprobatoria do dereito |
PR204A2019/4315-2 |
José Blanco Rodríguez |
Resolución aprobatoria do dereito |
PR204A2019/4444-2 |
C. Alejandro Montero Salvador |
Resolución aprobatoria do dereito |