Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2020 Páx. 1796

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2019 pola que se fai público o cofinanciamento de obras hidráulicas nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do dito Regulamento (UE) nº 1305/2013, cómpre dar publicidade ás actuacións contratadas, de acordo co disposto na normativa de contratos do sector público de aplicación, que a continuación se indican por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Entidade adxudicadora.

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor.

2. Obxecto dos contratos.

a) Título: obra de mellora na rede de saneamento de Pontecesures (Pontevedra).

Clave do expediente: M.16027.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9 (obras de saneamento).

Orzamento base: importe neto: 17.555,13 euros. Importe total: 21.241,71 euros.

Prazo de execución: 4 semanas.

Importe da adxudicación: importe neto: 16.677,37 euros. Importe total: 20.179,62 euros.

Empresa contratista: Canalizaciones y Construcciones Salnés, S.L.

b) Título: obra de renovación da cuberta na estación de captación e bombeo da Barca. Padrón e Pontecesures.

Clave do expediente: M.18001.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232152-2 (traballos de construción de estacións de bombeo).

Orzamento base: importe neto: 17.559,86 euros. Importe total: 21.247,43 euros.

Prazo de execución: 6 semanas.

Importe da adxudicación: importe neto: 16.857,47 euros. Importe total: 20.397,54 euros.

Empresa contratista: Canalizaciones y Construcciones Salnés, SL.

c) Título: obra de reforma do centro de transformación para a acometida eléctrica á estación de tratamento de auga potable de Cortés e Loio. Paradela (Lugo)

Clave do expediente: M.18017.

CPV (referencia de nomenclatura): 45317200-4 (traballos de instalación eléctrica de transformadores).

Orzamento base: importe neto: 39.865,00 euros. Importe total: 48.236,65 euros.

Prazo de execución: 6 semanas.

Importe da adxudicación: importe neto: 39.813,76 euros. Importe total: 48.174,65 euros.

Empresa contratista: Obras y Saneamientos de Galicia, S.L.

3. Información sobre o cofinanciamento dos contratos con fondos da Unión Europea

As actuacións referidas no punto 2) anterior cofináncianse pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020.

Estas actuacións enmárcanse dentro do Programa de desenvolvemento rural na Medida 07 Servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais, Submedida 7.2 Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro enerxético e Prioridade 6 de desenvolvemento rural Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais. Europa inviste no rural.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2019

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia