Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2020 Páx. 1790

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a persona interesada para ser notificada por comparecencia sobre as medidas que cómpre adoptar nas explotacións da súa titularidade.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Gandaría da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, nº 70, 1º, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 12 de decembro de 2019

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento: notificación inmobilización das explotacións ES270390104701 e ES270390129001.

Persoa interesada: 33329147P.

Acto notificado: citación.