Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2020 Páx. 1784

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude para a declaración de urxente ocupación para efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para continuar coas labores de explotación mineira Lamas Vilarchao fracción II número 5358.2 e emasías, no Concello da Fonsagrada (expediente IN 334A 2018-1).

A empresa Europizarras, S.L. con domicilio social en lugar de Vilarchao-Lamas de Campos, s/n, Lugo, solicitou a declaración de urxente ocupación para a expropiación forzosa dos terreos situados no termo municipal da Fonsagrada que se relacionan no anexo e que son necesarios para continuar cos labores propios da concesión de explotación mineira Lamas Vilarchao fracción II nº 5358.2 e demasías. Esta solicitude faise ao abeiro do artigo 105 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo cos artigos 18 e 19 da citada Lei de expropiación e nos artigos 17, 18, 24 e 56 do regulamento, do 26 de abril de 1957, en concordancia co establecido no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ábrese un período de información pública polo prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

Durante este prazo, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rolda da Muralla, nº 70, Lugo) e presentar alegacións que consideren convenientes ou achegar cantos datos permitan a rectificación de posibles erros cometidos na relación de propietarios e predios afectados.

Todas as alegacións deberán dirixirse a esta Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, no enderezo antes indicado ou a través de calquera das formas sinaladas no artigo 16 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 16 de decembro de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Provincia: Lugo.

Termo municipal: A Fonsagrada.

Polígono

catastro

Parcela

catastro

Parcela

partición

fongate

Superficie (m2) partición

fongate/catastro

Propietario, partición

fongate/catastro

Tipo de terreo

118

378/391/

362/384

60

18.484

Casa da Barreira

José Pérez López e María Isabel López Fernández

Arboredo, monte baixo e

improdutivo

118

215

1.461

Asunción García Rodríguez

Prado e monte con arboredo

118

384

284.544

Europizarras, S.A. (15 partes)

Casa de Conde (1 parte)

Belinda López Osorio

Casa de Gómez (1 parte)

José Javier Gómez López

Matogueira con pés illados e alterado