Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2020 Páx. 1777

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (38/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 38/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Decoraciones Ruasa, S.L., se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2019

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 38/2018, en que foron parte, como demandante, a Fundación Laboral de la Construcción, asistida pola letrada Sra. Marón Fernández e, como demandada, Decoraciones Ruasa, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fondo de Garantía Salarial, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Resolución:

Estímase a demanda interposta por Fundación Laboral de la Construcción fronte a Decoraciones Ruasa, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar á demandante a cantidade de 74,32 euros, incluído o 20 % de xuro por mora, con condena ao pagamento dos honorarios de asistencia letrada da parte demandante ata o límite legal.

E para que sirva de notificación en legal forma a Decoraciones Ruasa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza