Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2020 Páx. 1263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 10 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 635, situado na zona marítimo-terrestre do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 5 de decembro de 2019, autorizouse a transmisión da titularidade do establecemento de acuicultura que se describe:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela número 635 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 1.944,3 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019 e DOG núm. 85, do 6.5.2019 (corr. erros).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Antigos titulares: Rodrigo Dios Vidal, Albino Dios Vidal e Juan Francisco Dios Vidal.

Novos titulares: Francisco Javier Viñas Laya (***6362**) e Lidia Feijoo Vázquez (***6588**).

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores.

Condicións particulares baixo as que se autoriza a transmisión da titularidade: os novos titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 10 de decembro de 2019

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo