De conformidade co disposto no artigo 10 das bases reguladoras, procédese á publicación da concesión dos premios do comercio galego convocados pola Orde do 6 de setembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 24 de setembro), que figura no anexo a esta resolución.
Norma reguladora: Orde do 6 de setembro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios do comercio galego (código de procedemento IN214C).
Finalidade da subvención: premios do comercio galego.
Crédito orzamentario: 27.000,00 €.
Aplicación orzamentaria: 09.30.751A.481.0.
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2019
A directora xeral de Comercio e Consumo
P.S. (Disposición adicional primeira do Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria
ANEXO
– Premio Comercio de Galicia, cunha contía de 9.000,00 euros:
Carmen y Loli Hermo, S.L. (Lolita moda multimarca).
– Premio Comercio Provincial, cunha contía de 4.000,00 euros por provincia:
A Coruña: Nores y Olivares, S.C. (Nores y Olivares).
Lugo: Josefa Pérez Seijas (Calzados Albo).
Ourense: TDR 4 elementos, S.L. (TDR 3 elementos).
Pontevedra: Mekdes, S.L. (The concept by Mekdes).
– Premio Iniciativa Dixital, cunha contía de 2.500,00 euros:
Fundación Santiago Centro-Área Comercial.