De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase por medio do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), á interesada que figura no anexo, dun trámite de audiencia relativo á proposta de modificación da superficie do predio número 386 do acordo da zona de concentración parcelaria de Novela-Liñares-Pezobrés (Santiso-A Coruña).
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 23 de decembro de 2019
Mónica López López
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Interesada |
Acto que se notifica |
Zona de concentración parcelaria |
32348696R |
Trámite de audiencia |
Novela-Liñares-Pezobrés (Santiso-A Coruña) |