Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2020 Páx. 708

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade a dúas encomendas de xestión ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar para seren executadas durante os anos 2019, 2020 e 2021.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encomendas coas seguintes características:

1. Resolución do 4 de novembro de 2019, da Consellería do Mar, pola que se encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a realización da xestión relativa ao apoio á Secretaría Técnica da Rede Invipesca e apoio á organización do V Simposio Iberoamericano de Ecoloxía Reprodutiva, Recrutamento e Pesqueiras.

Actividade: realización das actuacións relativas á execución polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar das accións necesarias para dar o apoio á difusión da Rede Iberoamericana de Investigación Pesqueira e apoio na organización do V Sibercorp en Santa Marta, Colombia, previstos en 2021.

Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Prazo de vixencia: desde o 4 de novembro de 2019 ata o 31 de decembro de 2021.

Financiamento: con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2019, 2020 e 2021, na aplicación orzamentaria 15.01.721A.640.2, código do proxecto 2016 00324.

2. Resolución do 8 de novembro de 2019, da Consellería do Mar, pola que se encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a realización de actividades de promoción dos produtos da pesca, marisqueo e da acuicultura no marco do Business2Sea.

Actividade: realización das actuacións relativas á execución polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar das accións necesarias para a promoción dos produtos da pesca, do marisqueo e da acuicultura galegos no transcurso do encontro Business2Sea, que terá lugar do 11 ao 13 de novembro no Centro de Congresos Alfândega do Porto (Portugal)

Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Prazo de vixencia: desde o 9 de novembro de 2019 ata o 31 de decembro de 2019.

Financiamento: con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2019, na aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.0, código do proxecto 2016 00286S.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2019

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar