Eu, Mónica Rubia López, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, fago saber que no presente procedemento de xuízo ordinario, seguido por instancia de Toyota Kreditbank GMBH fronte a Arturo Losada Veguillas e Cristina Pazos Fernández, se ditou sentenza, con data do 27 de novembro de 2019, contra a cal cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días.
E ao estaren os demandados, Arturo Losada Veguillas e Cristina Pazos Fernández, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.
A Coruña, 28 de novembro de 2019
A letrada da Administración de xustiza