Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2020 Páx. 598

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 145/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Sentenza:

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2019.

Decisión:

Estímase a demanda interposta por Juan Negreira Rey fronte a Forestal do Barbanza, S.L. e, en consecuencia:

Declaro improcedente o despedimento do demandante e condeno a demandada a que, á súa opción, que deberá exercer no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante a letrada da Administración de xustiza deste xulgado do social, proceda: a) á readmisión da parte demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento e ao aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data de efectos do despedimento (18.1.2019) ata que teña lugar a readmisión, a razón de 46,03 euros diarios; b) ou ben a lle aboar unha indemnización por importe de 632,88 euros.

Todo isto sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Fogasa, de ser o caso.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que, ao tempo de anuncialo, a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, acredite ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta deste xulgado, así como ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena. A consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, en que se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no punto 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Forestal do Barbanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza