A Fundación Barrié comunica a apertura do prazo de inscrición da 31ª convocatoria do Programa de bolsas de posgrado no estranxeiro. Esta convocatoria está dirixida a titulados universitarios vinculados a Galicia para a realización de estudos de máster en institucións de referencia en todo o mundo.
Datas do prazo de inscrición: do 9 de decembro de 2019 ao 10 de febreiro de 2020. Bases e inscrición en www.fbarrie.org
A Coruña, 9 de decembro de 2019
Juan Antonio Rioboo Lata
Interventor xeral da Fundación Pedro Barrié de la Maza Conde de Fenosa