Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 27 de decembro de 2019 Páx. 55864

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cooperativa San Isidro de Tuy

ANUNCIO de asemblea xeral extraordinaria de liquidación da cooperativa.

Convócanse os socios da cooperativa San Isidro, de Tui, en liquidación, á asemblea xeral extraordinaria que terá lugar en Tui, na rúa Besada, 15, 1º dta. (Cámara de Comercio de Tui), o 22 de xaneiro de 2020, ás 12.00 horas en primeira chamada e ás 12.30 horas en segunda e última, coa seguinte orde do día:

1. Aprobación, se procede, do balance final de liquidación.

2. Aprobación, se procede, do proxecto de distribución de activos.

3. Outorgamento de facultades.

4. Rogos e preguntas.

O balance final e o proxecto de distribución, así como o documento de censura destes por auditor externo da cooperativa, están á disposición dos socios durante o horario normal de oficina no despacho do liquidador; r/ Xeneral Pardiñas, 14-16, 7º B, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 57 35 40.

Tui, 3 de decembro de 2019

Ricardo Rúa Prieto
Liquidador