Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 26 de decembro de 2019 Páx. 54893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 10 de decembro de 2019 polo que se notifica a incoación e prego de cargos do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade POL/132/2017-RP1 e un máis.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 5 de novembro de 2019, incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade, POL/132/2017-RP1, e o 6 de agosto de 2019 acordou incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade POL/140/2017-RP1, por actuacións abusivas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Punta Quilma, As Aceñas, termo municipal da Illa de Arousa (Pontevedra).

Ao non poder realizar a notificación persoal das incoacións e prego de cargos a Manuel Falcón Oubiña, Lara Falcón Ábalo e Lidia Falcón Ábalo, mediante o presente anuncio e, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados as devanditas incoacions e prego de cargos mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber aos interesados que o texto íntegro da incoación que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que xulguen pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística