Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 23 de decembro de 2019 Páx. 54369

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Corcubión

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación das normas subsidiarias de planeamento.

Aprobada inicialmente a modificación das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Corcubión: aliñacións e recuamentos nos núcleos rurais e solo urbano do Vilar, por acordo do pleno do 21 de novembro, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados a partir da última das publicacións no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia para que as persoas interesadas poidan examinar o expediente na Secretaría do concello e formular as alegacións que consideren pertinentes.

Quedan suspendidas as licenzas para as seguintes áreas: o ámbito de solo urbano do Vilar e os solos dos núcleos rurais de Quenxe, A Amarela, Redonda e A Oliveira. A duración da suspensión é dun ano.

Corcubión, 28 de novembro de 2019

Manuel Insua Insua
Alcalde