Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 23 de decembro de 2019 Páx. 54365

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 10 de decembro de 2019 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de acondicionamento da AC-423 (1ª fase), puntos quilométricos (pp.qq.) 0+000 - 5+350 , coa clave AC/19/010.10, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Antecedentes:

As actuacións recollidas no proxecto de construción: acondicionamento da AC-423 (1ª fase). pp.qq. 0+000 - 5+350, coa clave: AC/19/010.10, teñen como finalidade acadar unha mellora substancial da seguridade viaria e consisten no acondicionamento da estrada AC-423, pertencente á Rede secundaria de estradas da Comunidade Autónoma de Galicia, nos termos municipais de Coristanco e Cabana de Bergantiños (provincia da Coruña), para o cal se realizarán os seguintes traballos:

• Mellora xeneralizada do firme nos treitos que se presentan deteriorados.

• Rectificación das curvas con raio inferior a 50 metros, no treito comprendido ente os pp.qq. 3+750 e 4+300.

• Execución de tres treitos de senda peonil, entre os pp.qq. 1+080 e 1+480 (conectando coa existente), 7+464 e 8+212 e entre os pp.qq. 9+703 e 9+946 (conectando coa existente).

• Reordenación do tráfico de xeito que sexa compatible coa execución da obra.

• Mellora e reposición da sinalización, balizamento e defensas.

• Reposición dos servizos afectados, como abastecemento, luz pública, etc.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado documento sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos desta resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (Rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña), na Casa do Concello de Coristanco (avenida Fisterra, 112, 15147 Coristanco) e na Casa do Concello de Cabana de Bergantiños (As Carballas, s/n, 15115 Cabana de Bergantiños). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), está á disposición dos interesados o proxecto de construción.

Santiago Compostela, 10 de decembro de 2019

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados
Proxecto de construción
Acondicionamento da AC-423 (1ª fase) pp.qq. 0+000 - 5+350
Clave: AC/19/010.10

Concello de Cabana de Bergantiños

Referencia catastral

Polígono

Parcela

Titular

Clase e uso

Superficie total (m²)

Área afectada (m²)

Bens afectados

1

15014A05800369

58

369

Rial Ferreiro, María Pilar

Rústico-Agrario

5.537,00

23,53

MM Piñeiral madeireiro

2

15014A05800375

58

375

Sande Sánchez, Dolores

Rústico-Agrario

21.982,00

104,93

EU Eucalipto

3

15014A05800376

58

376

Amarelle Castro, Raúl

Rústico-Agrario

5.299,00

17,40

MT Mato

4

15014A06800188

68

188

Castro Rellán, José

Rústico-Agrario

6.173,00

137,35

EU Eucalipto

5

15014A06800194

68

194

Rial Ferreiro, María Pilar

Rústico-Agrario

1.702,00

155,85

EU Eucalipto

6

15014A06800197

68

197

Fernández Rial, Josefa

Rústico-Agrario

2.121,00

162,10

EU Eucalipto

7

15014A06800198

68

198

Amado López, Josefa

Rústico-Agrario

3.369,00

433,22

EU Eucalipto

8

15014A06800199

68

199

Castro Rellán, José

Rústico-Agrario

3.308,00

517,83

EU Eucalipto

9

15014A06800200

68

200

Sande Sánchez, Dolores

Rústico-Agrario

3.512,00

405,49

EU Eucalipto

10

15014A05800165

58

165

Amarelle Vidal, María Cruz

Rústico-Agrario

3.277,00

193,05

EU Eucalipto

11

15014A05800551

58

551

Castro Rial, Manuel

Rústico-Agrario

620,00

11,78

EU Eucalipto

12

15014A05800552

58

552

Castro Rellán, José

Rústico-Agrario

694,00

35,29

EU Eucalipto

13

15014A05800553

58

553

Castro Rial, María

Rústico-Agrario

714,00

34,25

EU Eucalipto

14

15014A05800554

58

554

Castro Rial, Hermosinda (herderos de)

Rústico-Agrario

773,00

27,66

MM Piñeiral madeireiro

15

15014A05800555

58

555

Castro Rial, José (herderos de)

Rústico-Agrario

767,00

49,53

MM Piñeiral madeireiro

16

15014A05800556

58

556

Castro Rial, Josefa (herderos de)

Rústico-Agrario

800,00

181,94

MM Piñeiral madeireiro

17

15014A05800557

58

557

Castro Rial, Arturo

Rústico-Agrario

1.453,00

779,39

MM Piñeiral madeireiro