Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 20 de decembro de 2019 Páx. 54234

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moeche

ANUNCIO de convocatoria do proceso selectivo para a cobertura dunha praza vacante de funcionario/a incluída na oferta de emprego público de 2019.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 227, do 28 de novembro de 2019, publicáronse as bases do proceso selectivo convocado para cubrir en propiedade unha praza de administrativo de administración xeral vacante no cadro de persoal funcionario deste concello, incluída na oferta de emprego público do ano 2019, mediante o sistema de concurso oposición-promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Moeche, 28 de novembro de 2019

Beatriz Bascoy Maceiras
Alcaldesa