Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 20 de decembro de 2019 Páx. 54225

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO sobre a aprobación inicial do estudo de detalle de ordenación para a ordenación de volumes na Fundación ADCOR, no polígono dos Rosales (expediente 631/2018/284).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 6 de novembro de 2019, acordou aprobar inicialmente o documento do estudo de detalle de ordenación de volumes na Fundación ADCOR. Outubro 2019 presentado o 23 de outubro de 2019 pola Fundación ADCOR.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, o expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que as persoas interesadas poidan consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que consideren oportunas.

A consulta da documentación do estudo de detalle pode realizarse no Departamento de Planeamento da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade (praza Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral de luns a venres, ou ben na sede electrónica do concello ou no enderezo electrónico: https://www.coruna.gal/urbanismo, en Documentos en exposición pública e no Visor estado desarrollo PGOM 2013.

A Coruña, 19 de novembro de 2019

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 27.6.2019)
María García Hernández
Directora de Área de Urbanismo