Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 19 de decembro de 2019 Páx. 53902

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial de estudo de detalle (expediente 631/2019/77).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 20 de novembro de 2019, acordou aprobar inicialmente o documento do Estudo de detalle para a ordenación de volumes edificatorios na parcela 34 da estrada Baños de Arteixo, presentado o 20 de marzo de 2019 por Showa Denko Carbón Spain, S.A.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e dos artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, o expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que as persoas interesadas poidan consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que consideren oportunas.

A consulta da documentación do estudo de detalle poderase realizar no Departamento de Planeamento da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade (praza Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral de luns a venres, na sede electrónica do concello, no enderezo electrónico https://www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe Exposición pública de expedientes, ou no Visor estado desenvolvemento PXOM 2013.

A Coruña, 2 de decembro de 2019

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 27.6.2019)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo