Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 18 de decembro de 2019 Páx. 53599

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

ORDE do 5 de decembro de 2019 pola que se resolve a inscrición de centros bibliotecarios públicos municipais dos concellos Entrimo, Guitiriz, Muras, Muros e San Cristovo de Cea no Rexistro de bibliotecas de Galicia.

O ámbito de actuación da Consellería de Cultura e Turismo responde ao vixente marco institucional de distribución de competencias, configurado basicamente no Estatuto de autonomía de Galicia. Este, no artigo 27.19, establece como competencia exclusiva da Xunta de Galicia o fomento da cultura en Galicia, e, no artigo 32, que corresponde ao Goberno da nosa comunidade autónoma a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego.

De conformidade co Decreto 163/2018, do 13 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Turismo e o Decreto 106/2018, do 4 de outubro, polo que se modifica parcialmente o Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa e estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, a Consellería de Cultura e Turismo asume as competencias de promoción e difusión da cultura, para potenciar a imaxe das bibliotecas e o fomento do acceso igualitario á cultura para toda a cidadanía a través da lectura.

Á Consellería de Cultura e Turismo, segundo o establecido na Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia, como órgano de dirección e coordinación do Sistema galego de bibliotecas, correspóndelle xestionar o Rexistro de Bibliotecas de Galicia.

Os concellos de Entrimo, Guitiriz, Muras, Muros e San Cristovo de Cea solicitaron a inscrición no Rexistro de Bibliotecas de Galicia dos seus centros bibliotecarios municipais e os servizos técnicos desta consellería comprobaron que cumpren cos requisitos exixidos no Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas.

A proposta do director xeral de Políticas Culturais, no exercicio das facultades que me confire o artigo 3 do Decreto 163/2018, do 13 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Turismo

RESOLVO:

Aprobar a inscrición dos seguintes servizos bibliotecarios no Rexistro de Bibliotecas de Galicia:

– Biblioteca Pública Municipal de Entrimo.

– Biblioteca Pública Municipal Casa Habanera de Guitiriz.

– Biblioteca Pública Municipal de San Cristovo de Cea.

– Axencia de Lectura Municipal de Esteiro no concello de Muros.

– Axencia de Lectura Municipal de Muras.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2019

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo