Tentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, das resolucións das súas solicitudes de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A tal efecto, as interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na rúa avenida de Zamora, nº 13, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación ás persoas interesadas en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas interesadas que as resolucións relacionadas no anexo non esgota a vía administrativa e poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015 citada.
Ourense, 2 de decembro de 2019
Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Nº de expediente: 26856.
DNI/NIE/PAS: 114163400.
Último enderezo coñecido: lugar O Pazo, nº 13, Berredo, 32812 A Bola (Ourense).
Nº de expediente: 29804.
DNI/NIE/PAS: AO299111.
Último enderezo coñecido: travesía Portocarreiro (D), nº 1, 2º A, 32003 Ourense.
Nº de expediente: 30970.
DNI/NIE/PAS: 058086549.
Último enderezo coñecido: avenida de Santiago, nº 72, 1º DR, 32001 Ourense.