Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 17 de decembro de 2019 Páx. 53516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 3 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-1057/2019-COP e dez máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinala no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-1057/2019-COP e dez máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 3 de decembro de 2019

O xefe territorial da Coruña
Por delegación de funcións por Resolución do 6.11.2019
(Orde do 8.9.2017, DOG núm. 180, do 21 de setembro)
Mª José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños da Coruña

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-1057/2019-COP

52433583T

Inicio

Vázquez de Parga, 136-4º, Carballo

PSC-CO-1062/2019-PPM

32790184G

Inicio

Lug. da Igrexa, 3, Cela, Cambre

PSC-CO-1067/2019-PPM

44453989A

Inicio

Rolda de Outeiro, 325, Padre Rubinos, A Coruña

PSC-CO-1074/2019-PPM

76965339W

Inicio

Avenida Coruña, 21, Noia

PSC-CO-1079/2019-PRE

32803446H

Inicio

Antonio Insua Rivas, 50-2º, A Coruña

PSC-CO-1084/2019-PPM

52934871A

Inicio

R/ Das Américas, 22, Ribeira

PSC-CO-1086/2019-COP

32427583K

Inicio

Cámping A Bouza, Louro, Muros

PSC-CO-1092/2019-PPM

76340679E

Inicio

R/ Miñones, 62, Ponteceso

PSC-CO-1094/2019-COP

34896472K

Inicio

Lugar San Paio, 6C, Brexo Lema, Cambre

PSC-CO-1098/2019-PPM

33283919K

Inicio

R/ Real, 30, Muros

PSC-CO-1109/2019-PPM

32825344C

Inicio

Oleoducto, Urb. Soto, 3 baixo, A Coruña