Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 16 de decembro de 2019 Páx. 53285

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO de anuncio da interposición do recurso contencioso-administrativo 4206/2019.

No presente órgano xudicial interpúxose recurso contencioso-administrativo, que se tramita como procedemento ordinario número PO 4206/2019, por instancia da procuradora Beatriz Cerviño Gómez, en nome e representación de RVG e de AVF, fronte á Orde da Consellería de Medio, Territorio e Vivenda (Xunta de Galicia), do 5 de xuño de 2019, de aprobación definitiva de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal da Baña (A Coruña).

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación de data de hoxe e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, concédese un prazo de quince días para a comparecencia dos que teñan interese lexítimo en soster a conformidade co dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 25 de novembro de 2019

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza