Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 16 de decembro de 2019 Páx. 53326

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 29 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade de dous parques de cultivos mariños situados na zona marítimo-terrestre do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 28 de outubro de 2019 autorizouse a transmisión da titularidade dos establecementos de acuicultura que se describen:

Establecemento 1:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela núm. 770 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 87,43 m2.

Data da resolución do outorgamento: 1.7.2019 (DOG núm. 131, do 11.7.2019).

Remate da vixencia: 12.7.2029.

Establecemento 2:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela núm. 777 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 300 m2.

Data da resolución do outorgamento: 1.7.2019 (DOG núm. 131, do 11.7.2019).

Remate da vixencia: 12.7.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Antiga titular: Sandra Viñas Moldes.

Novo titular: Rafael Sánchez Padín (***6237**).

O novo titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas da anterior.

Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: o novo titular deberá achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 29 de outubro de 2019

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo