Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 16 de decembro de 2019 Páx. 53310

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2019/207-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: reforzo LMTA MUR809 entre a subestación de Mourente e o poste A2GYD9RV//D1.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: LMT subterránea (actuación 1) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 221 metros de lonxitude, con orixe na cela de liña de media tensión da saída da subestación de Mourente correspondente a MUR809 e final no empalme que se vai realizar na arqueta situada no exterior do recinto da subestación. LMT subterránea (actuación 2) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 2.708 metros de lonxitude, con orixe no empalme que se vai realizar na arqueta situada no exterior do recinto da subestación de Mourente e final no paso aéreo subterráneo no poste A2GYD9RV//D1. As instalacións están situadas no lugar de Mourente, no concello de Pontevedra.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Adicionalmente, durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto atópase dispoñible ao público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 24 de novembro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº de expediente: IN407A 2019/207-4.

Termo municipal: Pontevedra.

Denominación: reforzo LMTA MUR809 entre a subestación de Mourente e o poste A2GYD9RV//D1.

Predio 1:

Titular: Deputación Provincial de Pontevedra.

Localización: PS Domingo Fontán, 26, 36005 Pontevedra.

Uso: solo sen edificar.

Afección: 93,21 m² superficie servidume de paso.