Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 16 de decembro de 2019 Páx. 53271

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 9 de decembro de 2019 pola que se outorgan nomeamentos aos rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles para rexistros vacantes.

O nomeamento de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes en virtude de concurso ordinario número 305 convocado pola Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 21 de outubro de 2019 (BOE do 24 de outubro) e resolto pola Resolución do 28 de novembro de 2019, e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 496 e demais concordantes do Regulamento para a súa execución, co Decreto da Xunta de Galicia 74/2018, do 5 de xullo, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear os rexistradores comprendidos na citada resolución e que no anexo se relacionan para prover os rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2019

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

• Cristina Rollán Salgado, rexistradora de Redondela, Ponte Candelas para o Rexistro de Cangas.