Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 16 de decembro de 2019 Páx. 53333

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2019, do Servizo Provincial de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de trazado de conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria, treito A Pobra de San Xiao-Sarria centro, puntos quilométricos 13+500-24+000, de clave LU/17/005.01, concellos do Páramo e Sarria.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2 a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 20 de setembro de 2019, a Axencia Galega de Infraestruturas resolveu aprobar o proxecto de trazado de conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria, treito A Pobra de San Xiao-Sarria centro, puntos quilométricos 13+500–24+000, de clave LU/17/005.01.

Con data do 31 de outubro de 2019, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado de conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria, treito A Pobra de San Xiao-Sarria centro, puntos quilométricos 13+500-24+000, de clave LU/17/005.01, nos concellos do Páramo e Sarria, polo Decreto 143/2019, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 218, do 15 de novembro de 2019.

A tramitación do expediente expropiatorio debe axustarse ao disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do seu regulamento, do 26 de abril de 1957.

En consecuencia, este servizo, en virtude da Orde de 7 de setembro de 2017 sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería, publicada no DOG nº 179, do 20 de setembro de 2017, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos do Páramo e Sarria, para que comparezan no lugar, data e hora que se detallan a seguir, co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación en que se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Lugar: salón de plenos do Concello do Páramo.

Data: 13 de xaneiro de 2020.

Horario: das 9.30 ás 13.30 horas.

De: Álvarez López, Manuel (herdeiros de) a Seijido Pereiro, José (herdeiros de).

Lugar: salón de plenos do Concello de Sarria.

Data: 15 de xaneiro de 2020.

Horario: das 9.30 ás 14.00 horas.

De: Arias Díaz, Evangelina a Paz López Mª Ángeles.

Lugar: salón de plenos do Concello de Sarria.

Data: 16 de xaneiro de 2020.

Horario: das 9.30 ás 13.00 horas.

De: Pérez Torres Antonio a Vázquez Vázquez, Pedro.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente, estarán expostos nos concellos do Páramo e Sarria e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestucturas de Lugo (Edificio Administrativo, rolda da Muralla, nº 70, 27071 Lugo).

Así mesmo, realizarase a convocatoria aos interesados no levantamento das actas previas mediante notificación individual.

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, así como certificado de conta cos códigos IBAN E BIC, a fin de proceder aos sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria, podendo facerse acompañar, á súa custa, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Lugo, 25 de novembro de 2019

Gerardo Pallares Sánchez
Xefe do Servizo Provincial de Lugo