Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 13 de decembro de 2019 Páx. 53044

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 21 de novembro de 2019 pola que se notifica o Acordo do 26 de setembro de 2019 mediante o que se resolve o recurso de reposición contra a fixación do prezo xusto do predio número 4, sito en Arteixo, relativo ao proxecto 01806 (expediente 2019/000031).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a Julián de Castro Llobet o Acordo do 26 de setembro de 2019 mediante o que se resolve o recurso de reposición contra a fixación do prezo xusto do predio número 4, sito en Arteixo, relativo ao proxecto 01806 (expediente 2019/000031), cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015 e de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, 15781 Santiago de Compostela.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2019

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01806 execución das obras ordinarias de urbanización e equipamento deportivo na UA-23. TM Arteixo.

Nº de expediente: 2019/000031.

Persoa que se vai notificar: Julián de Castro Llobet.

Expropiante: Concello de Arteixo.

Expropiado: Juan Manuel Ojea de Castro e outros.

Beneficiario: Concello de Arteixo.

Predio nº: 4.

Concello: Arteixo.

Provincia: A Coruña.

Valoración da resolución do Xurado: 78.081,45 €.