Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 13 de decembro de 2019 Páx. 52979

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 83/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 83/2019, seguido por instancia de Darío José Valiño Pérez contra Pinegal Exoforest, S.L., sobre execución de sentenza número 249/2019, do 16 de maio, se ditaron auto en que se despacha execución e decreto de embargo, ambos con data 27.6.2019, contra os cales pode interpor recurso de reposición e revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as resolucións.

E para que lle sirva de notificación e requirimento en legal forma a Pinegal Exoforest, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza