Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 12 de decembro de 2019 Páx. 52876

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cangas

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación das normas subsidiarias municipais de Cangas dos terreos do cuarteirón conformado polas rúas da Torre, Paraíso, do Ensino e avenida da Coruña (PO-551).

O pleno do Concello de Cangas, na súa sesión ordinaria do 25 de outubro de 2019, acordou aprobar inicialmente a modificación de normas subsidiarias municipais de Cangas dos terreos do cuarteirón conformado polas rúas da Torre, Paraíso, do Ensino e avenida da Coruña (PO-551), o que se fai público para xeral coñecemento.

O instrumento de planeamento e o expediente sométense a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no xornal El Faro de Vigo, de conformidade co previsto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderanse formular as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, está á disposición dos interesado na sede electrónica (www.cangas.gal) ou mediante consulta nas oficinas do Departamento de Urbanismo, de luns a venres das 9.30 ás 13.30 horas.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto do plan cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

A duración da suspensión é dun prazo máximo de dous anos, contado desde a aprobación inicial, extinguíndose, en calquera caso, coa aprobación definitiva do planeamento.

Cangas, 7 de novembro de 2019

Xosé Manuel Pazos Varela
Alcalde