Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 12 de decembro de 2019 Páx. 52834

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 22 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2019/3559-2 e nove máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesados), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente que poderá impoñer, a quen a promovese, de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 22 de novembro de 2019

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Parte contraria notificada

Resolución notificada

PR204A 2019/3559-2

Raquel Alberta Caballero López

Denegación do dereito

PR204A 2019/3675-2

Rodi Consultores, S.L.

Denegación do dereito

PR204A 2019/3926-2

Héctor Méndez Fernández

Recoñecemento do dereito

PR204A 2019/3931-2

María Teresa Pin Díaz

Recoñecemento do dereito

PR204A 2019/3940-2

Sofía Otero da Silva

Denegación do dereito

PR204A 2019/3942-2

Marcos da Silva

Denegación do dereito

PR204A 2019/4036-2

Alfonso Zubizarreta Gutiérrez

Recoñecemento do dereito

PR204A 2019/4099-2

Ramón Montoya Romero

Recoñecemento do dereito

PR204A 2019/4268-2

Anyelo de Jesús de Jesús

Recoñecemento do dereito

PR204A 2019/4272-2

Roberto Montero Novo

Recoñecemento do dereito