Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52460

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 2 de decembro de 2019 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 23 de xullo de 2019 pola que se convocan axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

Mediante a Orde do 23 de xullo de 2019 (DOG do 5 de agosto) publicouse a convocatoria de axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

Valoradas pola comisión as solicitudes e a documentación presentadas e elevada a proposta definitiva de concesión destas axudas, segundo prevén os puntos oitavo e noveno da orde de convocatoria, e en virtude das atribucións que ten conferidas a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional,

DISPOÑO:

Primeiro. Concederlles as axudas, nas contías que se sinalan, ás escolas de música dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que se relacionan no anexo I desta orde. Así mesmo, desestimar as solicitudes presentadas polas escolas de música dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que se relacionan no anexo II, polas causas que se indican.

Segundo. O pagamento da subvención realizarase unha vez que o órgano concedente comprobe a xustificación presentada polo/a beneficiario/a da realización da actividade subvencionada. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación desta resolución de concesión.

Terceiro. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben presentar directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANEXO I

Concello

Escola de música

Importe

Antas de Ulla

EMUSPR de Antas de Ulla

3.000,00 €

Cambre

EMUSPR Sementeira de Cambre

9.768,99 €

Celanova

EMUSPR EMBC

11.629,75 €

Gondomar

EMUSPR Agrupación Musical de Vincios

8.466,46 €

Lalín

EMUSPR Banda de Lalín

4.326,26 €

Lalín

EMUSPR Escola de Música de Vilatuxe

3.675,00 €

Mos

EMUSPR de Mos

15.000,00 €

Neves, As

EMUSPR Popular de Rubiós

4.326,26 €

Ponteareas

EMUSPR de Xinzo

9.629,43 €

Pontevedra

EMUSPR de Salcedo

8.233,86 €

Redondela

EMUSPR de Chapela

9.629,43 €

Rianxo

EMUSPR de Rianxo

10.141,14 €

Ribadavia

EMUSPR Mestre Veneroni

3.535,44 €

Rosal, O

EMUSPR Agrupación Musical do Rosal

7.396,52 €

Salceda de Caselas

EMUSPR Asociación Amigos da Música

6.140,51 €

Santiso

EMUSPR de Visantoña

3.302,85 €

Teo

EMUSPR de Calo-Teo

5.582,27 €

Vigo

EMUSPR Atlántida

5.256,64 €

Vigo

EMUSPR de Beade

8.699,05 €

Vigo

EMUSPR de Valadares

9.443,36 €

Vilaboa

EMUSPR de Vilaboa

6.326,59 €

Vilanova de Arousa

EMUSPR de Vilanova

5.349,68 €

Xinzo de Limia

EMUSPR da Limia

6.140,51 €

Total

165.000,00 €

ANEXO II

Concello

Asociación

Causa de denegación

Agolada

Asociación de Amigos da Banda de Música Municipal de Agolada

Non contar coa correspondente autorización da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Chantada

Asociación Cultural Casa da Música

Coruña, A

Asociación Cultural Cántigas da Terra

Santiago de Compostela

Asociación Sociocultural Alfaia