Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52601

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Política Social

ORDE do 25 de novembro de 2019 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada mediante a Orde do 30 de setembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 194, do 11 de outubro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Consellería de Política Social, mediante a Orde do 30 de setembro de 2019 (DOG núm. 194, do 11 de outubro), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, nos postos de traballo que se indican, ao persoal que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada mediante a Orde desta consellería do 30 de setembro de 2019.

Segundo. O cesamento no actual destino do persoal que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino o persoal está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

As tomas de posesión das prazas adxudicadas deberanse realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento se non implican cambio de residencia, no prazo de sete días hábiles se comportan cambio de residencia, ou de vinte días hábiles se comportan o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa o persoal, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2019

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social

ANEXO

Apelidos e nome: Balea Filgueiras, Alberto.

NRP: ****951713 A2061.

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo facultativo superior, escala arquitectos.

Denominación do posto: subddirector/a xeral de Proxectos e Accesibilidade.

Código: PS.C02.00.006.15770.001.

Nivel: 30.

Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Castro Paz, Manuela.

NRP: ****476757L145100062.

Grupo: II.

Categoría: 6.

Denominación do posto: director/a centro educativo.

Código: PS.C99.40.301.32001.001.

Dependencia: Centro de Menores A Carballeira.

Localidade: Ourense.

Apelidos e nome: Dapena Estévez, María Aurora.

NRP: ****673735L145100062.

Grupo: II.

Categoría: 6.

Denominación do posto: subdirector/a.

Código: PS.C99.40.301.32001.003.

Dependencia: Centro de Menores A Carballeira.

Localidade: Ourense.