Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52682

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 3 de decembro de 2019 pola que se fai pública a execución pola entidade pública empresarial Portos de Galicia de dilixencia de entrada e recuperación de nave-taller no porto de Portosín.

De conformidade co disposto nos artigos 44, 45 e 46 da Lei 39/2015 (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, e por motivos de interese público que o fan aconsellable, faise público mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, así como no taboleiro de edictos do Concello de Porto do Son, que o 27 de novembro de 2019 Portos de Galicia executou a Resolución do 5 de febreiro de 2019 que decreta o desafiuzamento administrativo de nave-taller propiedade de Portos de Galicia sita no peirao de Mariño, s/n, de Portosín, concello de Porto do Son, contando coa preceptiva autorización xudicial de entrada.

Aquelas persoas que teñan a condición de interesadas como propietarias que o acrediten de material ou maquinaria que non sexa mera ferralla e que se atope no interior da nave, poderán dirixirse ás oficinas portuarias do porto de Portosín ou poñerse en contacto cos números de teléfono 669 89 86 40 e 669 88 63 17.

Advírtese que, transcorrido un mes desde a publicación deste anuncio, Portos de Galicia, poderá proceder en calquera momento a retirar o material e maquinaria que se atopan no interior da nave.

Advírtese, igualmente, que o prazo antes previsto se entende sen prexuízo dos prazos para interpoñer posibles accións ante os embargos de bens que poida decretar a Axencia Tributaria de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2019

Roi Fernández Añón
Director de Portos de Galicia