Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 10 de decembro de 2019 Páx. 52422

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Brión

ANUNCIO da aprobación definitiva dun estudo de detalle (parcela con referencia catastral número 6663917NH2466N0001 RQ en Lamiño).

O Pleno do Concello, en sesión do 13 de novembro de 2019, adoptou o seguinte acordo:

1º. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para ordenar os volumes edificables, redactado desde o Servizo de Urbanismo do Concello pola arquitecta municipal Mónica Arias Carriba e polo asesor xurídico urbanístico Carlos Abal Lourido, asinado con data do 30 de xullo de 2019, para ordenar os volumes edificables da parcela con referencia catastral número 6663917NH2466N0001 RQ, situada no lugar de Lamiño-Brión.

Este acordo notificáraselles persoalmente aos interesados e publicarase no Diario Oficial de Galicia. Unha vez publicado o acordo no Diario Oficial de Galicia, remitirase á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei do solo de Galicia, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Logo de que conste a inscrición no rexistro, publicarase a normativa no Boletín Oficial da provincia.

Contra ese acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Brión, 14 de novembro de 2019

José Luis García García
Alcalde