Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 10 de decembro de 2019 Páx. 52386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 26 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador en materia de animais domésticos e salvaxes en catividade ANI-LU-0142/2019-V e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola xefa territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 26 de novembro de 2019

A xefa territorial de Lugo
P.S. (Resolución do 20.3.2019)
Víctor Manuel García García
Xefe do Servizo de Patrimonio Natural

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

ANI-LU-0142/2019-V

José Ignacio Romero Calvo

Iniciación

ANI-LU-0147/2019-V

José Méndez Gómez

Iniciación

ANI-LU-0159/2019-V

Edgar Steven Zapata Toro

Iniciación