Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 10 de decembro de 2019 Páx. 52401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 31 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifican as resolucións de expedientes sancionadores por infracción na orde social 44493754R/30/07/2019/2.1.E e catro máis.

Intentadas as notificacións das resolucións ditadas polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, polas que se acordan as resolucións dos expedientes sancionadores arriba referenciados, e non sendo posible a súa práctica, polo medio da presente e segundo o disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a efectuar as notificacións polo medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada a súa eficacia á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselles saber que as ditas resolucións non poñen fin á vía administrativa e que, contra elas, cabe formular recurso ante os órganos xurisdicionais da orde social, previa reclamación ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos trinta (30) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

As persoas interesadas, durante este prazo, poderanse presentar ante a oficina de emprego de Ourense Centro, situada na rúa Progreso, 11, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido das resolucións ditadas polo xefe territorial.

Advírteselles ás persoas interesadas que, se non formularen recurso en tempo e forma, as resolucións adquirirán firmeza.

Ourense, 31 de outubro de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Persoa interesada

Nº de expediente

Preceptos infrinxidos

Preceptos sancionadores

Proposta de sanción

44493754R

44493754R/

30/07/2019/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego.

44484768P

44484768P/

09/09/2019/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego.

Y1394239Q

Y1394239Q/

01/08/2019/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego.

X5447848E

X5447848E/

07/05/2019/2.1.D

Artigo 24.3.d)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego.

Y0680317Z

Y0680317Z/

07/05/2019/2.1.D

Artigo 24.3.d)

Artigo 47.2.a)

Suspensión da demanda de emprego durante un mes.