Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 10 de decembro de 2019 Páx. 52394

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución, e da súa addenda, correspondente ao desprazamento da rede MOP 16 bar pola construción do camiño de enlace para a supresión de pasos a nivel da vía férrea Redondela-Santiago no concello de Catoira (Pontevedra), promovido pola empresa Nedgia, S.A. (expediente IN627A 2019/4-0).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionaria: Nedgia, S.A., con CIF nº A66560152, e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Antecedentes: o 6.6.1996, a Dirección Xeral de Industria ditou resolución pola que se aprobou o proxecto de execución e se autorizou a Enagás, S.A. a instalación da rede de distribución de gas natural para usos industriais na rede Pontecesures-Catoira, nos termos municipais de Valga, Pontecesures e Catoira. Esta infraestrutura de distribución de gas natural entrou en funcionamento en 1998 e actualmente é propiedade de Nedgia, S.A.

Obxecto da petición: o obxecto da petición é a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución, e da súa addenda, correspondente ao desprazamento da rede MOP 16 bar pola construción do camiño de enlace para a supresión de pasos a nivel da vía férrea Redondela-Santiago no concello de Catoira (Pontevedra).

Descrición das instalacións:

O proxecto de execución, que ten por obxecto a modificación do trazado do gasoduto rede Pontecesures-Catoira entre os vértices V-I-C-51-2 e V-I-C-56-1, comprende as seguintes instalacións:

– Conexión á tubaxe existente: realizaranse cos dous waytee 6”×6”, ambas con reforzo circular completo. A de inicio estará situada a uns 4 m augas arriba do vértice V-I-C-51-3 da rede Pontecesures-Catoira e a conexión final realizarase a 3 m aproximadamente augas abaixo do vértice V-I-C-56-1 da rede de Pontecesures-Catoira.

– Canalización de gas natural con MOP 16 bar de 305 m de lonxitude total dende a TTC de 6” no vértice VI-C-51-2 ata o vértice V-I-C-56-1. A tubaxe de aceiro será de diámetro de 6” e espesor 3,6 mm, segundo UNE EN 3183 Gr. L245.

– Instalación elementos auxiliares: próxima á conexión do inicio incorpórase unha válvula de corte de 6”, entre os vértices V-I-C-51-B e V-I-C-51-C.

A addenda ao dito proxecto de execución, que ten por obxecto a modificación do trazado do gasoduto rede Pontecesures-Catoira entre os vértices V-I-C-56-1 e V-I-C-59, comprende as seguintes instalacións:

– Conexión á tubaxe existente: o punto de inicio será na tubaxe proxectada no referido proxecto de execución, que se realizará mediante codo de 45º nas proximidades do vértice V-I-C-56-1 da rede existente, e a conexión final realizarase mediante dous waytee de 4”×4”, ambas con reforzo circular completo. A primeira conexión estará situada a uns 8 m augas abaixo do vértice Vac-1 da acometida industrial ás empresas Friscos-Productos Ulla e a conexión final realizarase a 2 m aproximadamente augas arriba do vértice V-I-C-58-1 da rede de Pontecesures-Catoira.

– Canalización de gas natural con MOP 16 bar de 93 m de lonxitude total desde o codo de 6” no vértice V-I-C-56-1 ata o vértice V-I-C-59. A tubaxe de aceiro será de diámetros de 4” e 6” e espesor 3,6 mm, segundo UNE EN 3183 Gr. L245.

– Instalación elementos auxiliares: próxima á conexión final incorpóranse dúas válvulas de corte de 4” e 6”, a primeira entre os vértices V-I-C-51-Ñ1 e V-I-C-51-Ñ2 e a segunda entre os vértices V-I-C-51-Ñ e V-I-C-51-O.

Concello: a solicitude afecta o termo municipal de Catoira, na provincia de Pontevedra.

Orzamento: cincuenta e un mil setecentos trinta e cinco euros con sesenta e nove céntimos (51.735,69), dos cales 37.204,51 € corresponden ao proxecto de execución e os restantes 14.531,18 € á súa addenda.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación desta resolución, podendo examinar o correspondente proxecto na Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, así como na Xefatura Territorial de Pontevedra da dita consellería, na rúa Fernández Ladreda, 43, 5º, 36071 Pontevedra.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas