Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 10 de decembro de 2019 Páx. 52365

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 13 de novembro de 2019, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, polo que se resolve a convocatoria pública para a provisión de dous postos de xefatura de grupo de persoal de xestión e servizos de Atención Primaria.

Mediante a Resolución do 16 de xullo de 2019, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés (DOG núm. 154, do 14 de agosto) convocouse a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de dous postos de xefatura de grupo de persoal de xestión e servizos de Atención Primaria (Distrito Sanitario Pontevedra e Distrito Sanitario O Salnés).

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro) esta xerencia

RESOLVE:

Primeiro Adxudicarlles os dous postos de xefatura de grupo de persoal de xestión e servizos de Atención Primaria aos aspirantes que acadaron a maior puntuación:

Jácome Varela, Bernardo, ***0408**, Distrito Sanitario Pontevedra.

Roibas Vázquez, José Manuel, ***7532**, Distrito Sanitario O Salnés.

(*) Ocúltase parcialmente o número do DNI para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Segundo. O/a aspirante deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, e os correspondentes haberes percibirase de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Terceiro. O/a aspirante seleccionado/a obterá un nomeamento para o desempeño do posto por un período inicial de catro anos de duración. Antes da finalización do referido período, o/a profesional seleccionado/a será avaliado/a para os efectos da súa prórroga, por idéntico período, ou remoción. Neste último caso, darase previamente audiencia ao/á interesado/a.

Cuarto. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 13 de novembro de 2019

José Ramón Gómez Fernández
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés