Non se puido levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 2019307TACO incoado a 47352630T.
De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3 (A Coruña).
Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da Lei 39/2015, ten dereito a formular alegacións, ante a xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.
Advírtese que, antes da resolución do procedemento, ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.
A Coruña, 25 de novembro de 2019
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: 2019307TACO.
DNI/NIF/CIF: 47352630T.
Último enderezo coñecido: rúa San Pedro, 29, 4º D, 15002 A Coruña.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.