Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 9 de decembro de 2019 Páx. 52277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 20 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifican a varias interesadas as autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico Corme modificación substancial (repotenciación do parque eólico Corme G-3) (expediente IN661A 2018/1-1).

Pola Resolución do 16 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, outorgáronse as autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico Corme modificación substancial (repotenciación do parque eólico Corme G-3), sito no concello de Ponteceso (A Coruña) e promovido por EDP Renovables España, S.L.U. (DOG núm. 204, do 25 de outubro).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase a Emilia Blanco Ferreiro, a Perfecto Blanco Ferreiro, a Teresa Blanco Ferreiro, a Andrea Blanco Puñal, a Demetrio Blanco Puñal, a Manuel Blanco Puñal, a Ángela Varela Souto, a José María Cousillas Pailos e a Joaquín Pombo Chans, para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas