Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 9 de decembro de 2019 Páx. 52261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 12 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2019/3286-2.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

A presente resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 12 de novembro de 2019

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Solicitante

Resolución

PR204A 2019/3286-2

Ventsislav Sergeev Mihaylov

Denegatoria do dereito