Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 5 de decembro de 2019 Páx. 51919

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2019 pola que se aproban e fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, así como a composición do tribunal cualificador e a data, a hora e o lugar de realización das probas.

De conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 21 de abril de 2010 pola que se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 78, do 21 de abril), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas convocadas pola Resolución do 27 de setembro de 2019 pola que se convocan probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (códigos de procedemento PR471A e PR472A) (DOG núm. 191, do 8 de outubro).

A listaxe definitiva de aspirantes admitidos poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal.

A listaxe definitiva de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Composición do tribunal cualificador.

O tribunal cualificador das probas correspondentes a esta convocatoria está formado polos seguintes membros:

Tribunal titular:

Presidenta: Mónica María Castro Pérez.

Secretario: Roberto Pérez Fonte.

Vogais:

Ana Purificación Otero Ferreiro.

Jesús Lata Buceta.

Constantino Grandío Rivas.

Tribunal suplente:

Presidente: Luis Castedo Balsa.

Secretario: Ramón Freire Priegue.

Vogais:

Montserrat Bolívar Chinchilla.

José Ramón Viñas Diz.

Marco Antonio Freire Serén.

O réxime xurídico aplicable ao tribunal cualificador será o que establece para os órganos colexiados a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Desenvolvemento das probas:

Convocarase os/as aspirantes que figuran na listaxe de admitidos para a realización das probas, que terán lugar o próximo día 12 de decembro de 2019, na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avda. da Cultura, s/n. A Estrada.

Proba de coñecementos:

Ás 10.00 horas.

Proba psicolóxica:

Ás 12.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, así como bolígrafo de cor azul.

A Estrada, 4 de decembro de 2019

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Apelidos e nome

Clave

Alonso Ruiz, Pedro

1

Alonso Sánchez, José

4

Carballido Couceiro, Cecilia María

2 e 4

Carballo Maneiro, Gonzalo

2

Carballo Méndez, Damián

1 e 2

Castro Canosa, Valeria

4

Cid Domínguez, Roberto

1

Costas Dabarca, Omar

1

Diaw, Moussa

1 e 5

Esmorís Viña, José

2

Fernández Couceiro, Manuel

1

Fernández Rodríguez, Eugenio José

2

González González, José Manuel

1

González Hernández, Héctor José

1 e 2

Lede García, Ángela

2 e 4

Mahía Pena, Roberto

3 e 5

Marian-Valerut, Iván

1

Mariño Lago, Olivan

1

Nidaye, Modou

2 e 4

Padín Sánchez, Ángel

4

Redonzález González, Víctor Manuel

1

Rivas Abelleira, Adrián

4

Rodríguez Batista, Rodrigo

2

Rodríguez Gabada, José Manuel

1

Sánchez Moreno, Iris

1

Seijas Coído, Rafael

2 e 4

Sobral Pérez, Cristian

1

Torres Palomino, Elisabeth

2 e 4

Vila González, José Carlos

1

Villar Fonseca, Adrián

4

Xavier Soares, Rogerio

1

Código

Descrición

1

Debe solicitar o seu certificado de penais de maneira presencial

2

Non achega fotografías tamaño carne

3

O importe ingresado da taxa é inferior ao requirido

4

Debe presentar documentación acreditativa da exención do pagamento

5

Instancia incorrecta