Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 5 de decembro de 2019 Páx. 52059

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Laxe

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para regularización e reaxuste de rasante e mellora de accesibilidade na confluencia das rúas Vista Alegre, Cantón e Alfredo Brañas.

Visto que por iniciativa privada se solicitou, para os efectos de concretar a ordenación detallada en solo urbano, a aprobación do seguinte estudo de detalle que afecta os inmobles coas seguintes referencias catastrais:

Identificación catastral

9654702MH9895S0001SE

9653401MH9895S0001OE

9654801MH9895S0001UE

9654802MH9895S0001HE

9654703MH9895S0001ZE

9654701MH9895S

De conformidade co artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, así como no artigo 194.2 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Durante o período de información pública, quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello:

http://www.concellodelaxe.com/portalcidadan/noticia.php?id_seccionweb=2&id_noticia=944&id_language=1

A aprobación inicial do estudo de detalle implica a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado por el, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

O presente anuncio servirá de notificación aos interesados, no caso de que non poida efectuarse a notificación persoal do outorgamento do trámite de audiencia.

Se, transcorrido devandito prazo, non se presentaron alegacións, o documento será elevado á súa aprobación definitiva, se procede.

Laxe, 12 de novembro de 2019

José Luis Pérez Añón
Alcalde