Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 5 de decembro de 2019 Páx. 52044

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 14 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se somete a información pública un proxecto para a instalación dun establecemento de acuicultura en zona terrestre no termo municipal de Outes (A Coruña).

En cumprimento do artigo 10 do Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre (DOG núm. 9, do 6 de xuño), sométese a información pública o proxecto para a instalación do establecemento que se describe:

Solicitante: Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia (G15030844).

Tipo: criadeiro de moluscos bivalvos.

Proxecto: criadeiro de ameixa e ostra para a Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia.

Localización: Estibada da Marta, O Freixo, termo municipal de Outes (A Coruña).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta dirección xeral, situada na rúa do Valiño, 63, San Lázaro, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2019

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica